O Centro Cultural acollerá a exposición fotográfica "Ataraxia", da deseñora gráfica Marina Alonso San Miguel, do 5 ao 28 de marzo. A mostra compose de 16 fotografías nas que se superpoñen elementos naturais e paisaxísticos con siluetas femininas en tons brancos e negros.
Segundo explica a autora, este traballo nace da súa afección polos viaxes e a fotografía, e componse de imaxes tomadas durante os seus percorridos por distintos lugares do mundo. O seu título, "Ataraxia", fai referencia ao estado anímico carente de temores ou inquedanzas que se pretende transmitir coas obras.
A exposición enmárcase dentro das actividades programadas pola Concellería de Cultura con motivo do Día Internacional das Mulleres que tivo lugar o xoves 8 de marzo. A mostra poderá visitarse en horario de mañá (de 10:00 a 13:00 horas) e de tarde (15:00 a 20:00 horas) de luns a venres, e os sábados en horario de mañá.