O departamento de Igualdade do Concello de Baiona abre o prazo para presentar a solicitude para participar no "Escape room contra a violencia de xénero" que se desenvolverá o domingo 14 de novembro ás 16:30 horas na praza do Concello de Baiona e no casco vello . A actividade é gratuita e subvencionada cos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e enmárcase no IV Plan Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Baiona.
O obxectivo da actividade é a promover valores sobre igualdade e violencia de xénero. Tratase dunha actividade que combina a aprendizaxe e o traballo colaborativo xa que se necesita o traballo de todo o grupo para ir resolvendo as distintas probas.
A actividade vai dirixida ao público xeral (familias con crianzas, persoas adultas, crianzas con autorización das persoas responsables...) se ben está recomendada a partires de 12 anos en diante debido aos coñecementos necesarios (culturais, de estratexia…) aínda que non é excluínte. Tratase dunha actividade que se desenvolve en grupos. Os grupos deberán integrarse cun mínimo de 3 persoas e un máximo de 5. Poderán participar 15 grupos como máximo. Colaboran coa concellería de igualdade na actividade a bocatería Manduca e Baioca.
As persoas interesadas en presentar a solicitude poden presentala dende o martes 2 ata o martes 9 de novembro a través da sede electrónica ou no rexistro do Concello. As bases e anexos correspondentes poden descargarse do taboleiro virtual ou da páxina web do Concello. Para calquera dúbida ou solicitar as bases poden contactar de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h. no teléfono 690 365 933 e de luns a xoves en horario de tarde dende as 16:30 h ata as 19:30 h.