A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, en colaboración con CortoEspaña, organiza un ciclo online de curtametraxes contra a violencia de xénero. Trátase de seis traballos, premiados nacional e internacionalmente, que abordan, desde diferentes perspectivas, a violencia de xénero e as súas maneiras de combatela. As curtametraxes están dispoñibles para o seu visionado online desde o 23 ata o 29 de novembro na páxina web do Concello de Baiona (ver aquí).
Os obxectivos do ciclo son dar visibilidade e sensibilizar á cidadanía contra a violencia de xénero e fomentar a reflexión entre a poboación máis nova das diferentes formas de violencia machista. As curtas integran contidos diversos, dende o empoderamento á violencia machista, pasando pola igualdade de oportunidades ou os estereotipos de xénero.
As curtas dispoñibles para o seu visionado son “El Orden de las Cosas”, de José Esteban Alenda e César Esteban Alenda; “No aguanto a tus padres”, Javier Cano; “Miente” de Isabel de Ocampo; “Recursos humanos”, de Joan Álvarez Lladós, “Deazularrojo”, de Ana Lorenz; e “Libre directo”, de Bernabé Rico