As estrelas da radio do futuro fórmanse en Tomiño

Publicidad

O concello baixomiñoto pon en marcha unha serie de obradoiros destinados para a mocidade entre os que destaca un curso de radio. Así, todos os interesados poden participar nesta actividade de 22 horas de duración que persegue a iniciación na dinámica radiofónica co fin de poñer en marcha a Radio Mocidade que se instalará no IES Antón Alonso Ríos.

Busca así afondar no coñecemento e dominio da radio como ferramenta de traballo didáctico e de divulgación para a mocidade estudantil. O curso, que ten un custe de 30€, e se celebrará todos os martes e venres do 3 ao 27 de outubro na Casa da Cultura de Tomiño, consta de dous módulos: formación de radio e xestión de contidos na web.

Ademais deste curso, o Concelllo tamén oferta un obradoiro de Lettering , “a arte de debuxar as letras” e outro de achegamento á elaboración de chocolate.

O primeiro deles, de 20 horas, celebrarase do 10 de outubro ao 7 de novembro e o segundo, de 6 horas, terá lugar entre o 4 e o 11 de decembro.

Os interesados poden atopar máis información no correo omix@tomino.gal e na eeb www.tomino.gal/reacciona/

Salir de la versión móvil