Bueu despídese dos monicreques no verán

Publicidad

Esta semana péchase o programa estival de Monicreques de Verán e Cine na Rúa. Así, mañá martes, a Praza Massó acolle ás 21.00 horas a representación teatral de “A cabeza do dragón”, da compañía Cachirulo. A obra, que se basea nas obras de marionetas de Ramón María del Valle Inclán, conta a historia do Príncipe Verdemar, quen é desterrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo traveso, terá que loitar contra bandoleiros e contra o terrible dragón que ten prisioneira á filla do Rei Micomicón para poder retornar triunfante á súa casa.

E o mércores, ás 22.00 horas, proxectarase “La vida de calabacín” tamén na Praza Massó. O filme conta as peripecias de Calabacín, un neno valente que despois de perder á súa nai, ten que ingresar nun fogar de acollida, con outros nenos orfos da súa idade.

Actividades deportivas e saudables

A concellaría de deportes organiza para esta semana un novo roteiro saudable e una xornada de chave. O mércores 16 de agosto sae ás 10.00 horas un roteiro saudable dende o río Bispo ata Meiro, polo camiño romano e baixada a Bueu por As Lagoas. Non é necesaria inscrición previa e vai dirixido a calquera idade.

Ademais, o venres 18 de agosto, a partir das 11.00 horas, xunto ao composteiro da rúa Xosé María Estévez, terá lugar unha xornada de chave, dirixida a todas as idades.

Salir de la versión móvil