Sen campamento de verán? En Tui aínda tes prazas libres, pero bule que remata o prazo

Publicidad

Máis de 140 nenos  e nenas participaron na primeira quenda dos campamentos de verán de Tui e, agora, o Concello prepara xa a segunda quenda que irá dende o 26 de xullo ao 9 de agosto. Para esta segunda parte aínda quedan prazas dispoñibles, polo que todos aqueles interesados deben aportar a solicitude necesario no rexistro de entrada do Concello de Tui até este luns ás 14:00 horas.

Como funcionan os campamentos tudenses?

Os campamentos de Tui contan con monitores especializados e dividen aos rapaces en grupos segundo a súa idade. Destinados para nenos de entre 3 a 12 anos, realizan diversas actividades deportivas, xogos e obradoiros, pero tamén saídas medioambientais para que traballen no respecto da natureza ou actividades relacionadas co compañeirismo e a igualdade.

Cal é o prezo e os horarios dos campamentos?

Esta segunda quenda, do 26 de xullo ao 9 de agosto, ten un prezo de 30,56€ e os rapaces permanecen cos monitores de luns a venres entre as 9:00 horas e as 14:00 horas, aínda que pode solicitarse un horario ampliado que comeza ás 8:45 horas. O lugar de encontro é o novo pavillón municipal.

Como solicitar praza?

Este segundo prazo é moi axustado e os interesados deben presentar no rexistro de entrada na secretaría do Concello de Tui a documentación solicitada, así como realizar o abono da taxa no departamento de tesourería, tendo de prazo ata o luns 24 de xullo, ás 14.00 horas. A nova admisión nesta segunda quenda do campamento se realizará por orde de inscrición.

Salir de la versión móvil