Arrancan os campamentos de verán tudenses

Publicidad

O Campamento de Verán do Concello de Tui deu hoxe comezo, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, coa primeira quenda, que rematará o martes 24 de xullo. Nesta primeira quenda participarán 145 nenos e nenas, que realizarán diferentes actividades deportivas e de lecer, nos espazos habilitados no concello.

O campamento dará comezo ás 09.00 horas, aínda que os monitores estarán na aula matinal dende as 08.45 horas, para todos os pais e nais que así o solicitaran. Ás 09.30 horas, trala recepción dos participantes, se realizará o acto de presentación, no que están convidados todos pais e nais dos nenos e nenas inscritos, onde o coordinador do campamento explicará as normas básicas do mesmo.

A segunda quenda do campamento empezará o mércores 26 de xullo e rematará o mércores 9 de agosto.

Salir de la versión móvil