Cinco contacontos metropolitanos para este martes

Publicidad

A continuación, deixámoste cinco contacontos para que os cativos e cativas comecen a semana viaxando a través da imaxinación, as verbas e as lendas.

Abecedario musical en Coiro, Cangas

Letras e Notas” é un espectáculo musical de formato individual, no que Magín Blanco interpreta temas propios para os/as nenos/as. A través do abecedario e da música, Magín irá creando un universo fiado polas introducións ás cancións, por adiviñas e pequenos contiños. Esta é a proposta máis próxima entre público e autor, na que Magín procura a participación do público na interpretación das cancións.

Lendas e contos en Nigrán

Raquel Queizás será a responsable de narrar o contacontos “Romarías: contos e lendas da nosa terra”.  Trátase dun espectáculo onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles. Así mesmo, estas historias mostran personaxes cos que as nenas e os nenos se poden identificar e que lles serven de referente para adquirir e interiorizar normas sociais, valores e contravalores necesarios para o asentamento dos cimentos da súa personalidade, para convivir, socializar, resolver problemas ou superar os obstáculos que se lles presenten e participar activamente na sociedade, sempre dende un espírito crítico.

Contos que saen dos libros en Cangas

As aventuras de Mamá Cabra, Contos que saen dos libros” chegan a Cangas da man de Gloria Mosquera. A través da música do grupo Mamá Cabra, os cativos poderán aprender e encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons que darán vida a historias máxicas. Nesta ocasión e na compañía de Iago Rodríguez, ás teclas e percusións, levaranos polas creacións deste grupo, coñecido por pequen@s e maiores.

Cociñando con palabras no Rosal

A Biblioteca do Rosal acolle o contacontos “Madame Bechamel e Signorina Bolognesa” para nenos de entre 4 a 10 anos. O espectáculo estará formado por dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas que cociñan en colaboración co público un saboroso bico mentres contan un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.

Todos os sentidos activos en Ponteareas

“Un outro mundo por descubrir, as viaxes de Irene conta contos no que as nenas e nenos da man de Irene e cos cinco sentidos ( oído, olfato, vista, gusto e tacto) achegaranse a cultura doutros países, países que teñen paisaxes, fauna, flora diferentes a nosa, no que hai mulleres e homes que falan linguas e viven de forma diferente a nosa e están desexando mostrarnos cantos lugares do mundo temos por descubrir.

 

 

Salir de la versión móvil