"Cinema volta ao cole" regresa o sábado a A Guarda

Publicidad

Os cinéfilos máis pequenos están de noraboa. O ciclo de películas "Cinema volta ao cole" de A Guarda regresa este outono con dúas novas achegas orientadas ao público infantil.

Este sábado 14 de outubro será a primeira sesión, coa proxección do filme "Buscando a Dory" ás 17:30 horas no Centro Cultural. O ciclo "Cinema volta ao cole" continuará o vindeiro 11 de novembro coa cinta "Trolls", tamén ás 17:30 horas no Centro Cultural.

"Cinema volta ao cole" é unha iniciativa da Concellería de Cultura que busca ofrecer espazos para gozar da cultura en familia e dun xeito ameno na nosa vila. O acceso é libre e gratuito.

Salir de la versión móvil