Contacontos antimachismo na Guarda para poñer en valor o papel da muller

Publicidad

O sábado 5 de outubro, o Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolle, ás 11:30 horas, a actividade “Elas pintan moito”, unha sesión de contos para o público familiar baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron.

Nesta actividade, enmarcada no programa “Ler conta moito 2019” de Igualdade e Violencia de Xénero e organizada pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración co CIM Centro de Información á Muller, abórdase a cuestión de igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotiá ata o da creación artística.

Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba. Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.

O obxectivo é a dinamización da lectura que promova a igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero. A finalidade é a dinamización da lectura que promova a igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.

 

Salir de la versión móvil