Festa Miudiña, un festival en familia en Vigo coa natureza como protagonista

Publicidad

A grandeza de Vigo non está só nas Cíes, no seu Nadal ou na súa industria. Vigo é diferente grazas a súa natureza. Porén, as familias tanto da cidade como da área metropolitana poderán gozar este domingo 21 de abril da segunda edición da Festa Miudiña, unha cita na que pequenos e maiores poderán facer diferentes actividades coa natureza como gran protagonista.

O escenario será un emprazamento único como é o Parque Forestal Monte dos Pozos, situado na parroquia de Valladares. A Festa Miudiña comezará ás 11:30 horas. As e os asistentes poderán desfrutar da música de Cé Orquestra Pantasma e o seu espectáculo “A voar” (12:00). Ademais, durante a xornada da mañá terá lugar a presentación do libro “Os nosos bosques” (13:00). Ás 14:00 horas pecharanse as actividades da mañá. Os organizadores convidan a cada familia a levar o seu xantar ou a reservar no restaurante do Parque (teléfono 986 469 442).

https://www.youtube.com/watch?v=n-pNoO2iU_E

Pola tarde haberá dous actividades como a presentación do “Proxecto CUCO” (16:30) e “A música da auga”, de Anxo Moure e Servando Barreiro (17:00). Máis aló desta programación por horas, o obxectivo é que as familias gocen nun entorno natural como o que ofrece o Parque Forestal do Monte dos Pozos. A oferta, neste caso, é moi variada. Pequenos e maiores disporán de espazos de xogo como o “Xogando Miudiño”, “Terra” ou “Patios vivos” mentres que tamén poderán participar no obradoiro creación libre. En caso de choiva, cancelarase o evento.

A Festa Miudiña tamén contará cun espazo de lectura e relax, a mestura perfecta para culturizarse en medio dese ambiente de paz que garante sempre a natureza. A cita está organizada pola Cooperativa Miudiño. O colectivo nace do mundo da ilusión e dos soños, alimentada de tres grandes paixóns como a infancia, a natureza e o patrimonio cultural, que combinados entre si van dando vida a todo o que fai esta agrupación, actividades que van dende música, contos, obradoiros, xoguetes, patios e espazos de xogo.

Salir de la versión móvil