A concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, celebra por a "Gladiator Kids", unha proba de obstáculos para nenos e nenas de 3 a 10 anos que deberán ir acompañados dun adulto.
Este formato de actividade familiar, que terá lugar o vindeiro domingo 5 de agosto no Parque das Ánimas de Gondomar, consiste nunha serie de probas adaptadas ás idades que van dirixidas. Nesta "distinta" Gladiator Race, denominada Gladiator Kids, non importa quen gañe, senón que o importante é divertirse e compartir en familia unha nova experiencia.
Os interesados en participar nesta carreira de obstáculos teñen ata o 3 de agosto para apuntarse na plataforma de Championchipnorte, na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar ou no teléfono 986 369 746. A organización abriu un total de 400 prazas (200 para a cativada e outras 200 para os adultos).
Todos os inscritor nesta "Gladiator Kids" deberán recoller o seu dorsal personalizado o domingo 5 de agosto, día da proba, entre as 17:30 e as 19:30 horas. A carreira comenzará a partires das 19:30 horas e todos os participantes recibirán un avituallamiento final e unha medalla "Finisher" ao completar a proba.