Se es solidario e buscas actividades de voluntariado durante o verán, coas que axudar a persoas con necesidades especiais e coñecer xente nova, Tomiño é a túa opción. O concello baixomiñoto conta con diferentes programas enfocados para todas as idades.
Algunhas actividades están destinadas á infancia, coma os obradoiros de xogos tradicionais ou o taller de igualdade de xénero. Outras, ás persoas maiores de 60 anos, coma o obradoiro de benestar ou os de bailes e cancións e cestería.
O ciclo de cine “Videoforum Ambiental”, que terá lugar na Casa de Cultura os días 26, 27 e 28 de xullo, de 10.30 a 12.30 horas, está dirixido a todo público, igual que a actividade de interese medioambiental “Recollida de lixo en Kayak”, que terá lugar o mércores 2 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas.
Que actividades podo escoller?
Videoforum ambiental: tres xornadas nas que se proxectarán documentais e filmes na Casa da Cultura de Tomiño entre 10:30 e 12:30 horas.
- 26 de xullo: el secreto del bosque
- 27 de xullo: manual de uso para una nave espacial
- 28 de xullo: 2050
Obradoiro de igualdade de xénero
- 26 de xullo: con nenos e nenas dos campamentos urbanos
- 27 de xullo: co alumnado dos campus de fútbol
- 8 de agosto: para todos os nenos e nenas interesados a partir dos 12 anos
Obradoiro de benestar para as persoas maiores cun funcionamento cognitivo reservado, de 17:00 a 18:30 horas na Casa da Cultura de Tomiño.
- 26 e 28 de xullo e máis o 2,4, 9 e 11 de agosto
Recollida de lixo en kayak
- 2 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas.
Obradoiro de bailes e cancións de agora e de sempre: para persoas maiores de 60 anos xunto a nenos e nenas. Terá lugar no mes de setembro na Casa da Cultura.
Obradoiro de cestería: para grupos de voluntarios e persoas maiores de 60 anos. No mes de setembro.
Como participar nas actividades de voluntariado?
As persoas que desexen participar coma voluntarias, poden darse de alta na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), beneficiándose dunha serie de vantaxes.