O libro infantil en verso “As receitas de Rosaura” preséntase en Bueu e Ponteareas

Publicidad

"As receitas de Rosaura", o primeiro libro de receitas en galego e en verso para nenos, preséntase este xoves en Bueu e un día mais tarde, o venres, no concello de Ponteareas. O libro, escrito por Isabel Blanco e ilustrado por Luz Beloso, comeza presentándonos a Rosaura, afeccionada á cociña, e facendo unha listaxe co material necesario para a elaboración dos pratos. A continuación recolle media ducia de receitas escritas en verso e pensadas para que os nenos poidan achegarse ao mundo da gastronomía. Falamos, xa que logo, de receitas sinxelas e aptas para a súa preparación por parte dos máis pequenos da casa, e que amais axudará a achegalos a unha comida máis saudable.


Pódeche interesar: Os cativos con diversidade funcional tamén cociñan, en verso e en galego


No caso de Bueu, o evento, organizado pola Libraría Miranda, contará con firma de exemplares e un obradoiro de ilustración para os cativos na xoguetería El Parque a partires das 17:00 horas. Pola súa parte, Blanco e Beloso levarán a obra a Ponteareas o venres, a partir das 20:30 horas no Salón de Plenos do Concello.

O ciclo “Venres D_letras”, posto en marcha pola Concellería de Cultura de Ponteareas, continuará o vindeiro mes terá continuidade coa presencia do autor lugués Luís Valle, que presentará o seu último poemario “Para que eu beba”.

Salir de la versión móvil