A ludoteca de Cangas comezará a súa actividade o vindeiro luns

Publicidad

O vindeiro 16 de outubro a ludoteca de Cangas abrirá novamente as súas portas con actividades para os nenos e nenas situadas entre os 4 e os 9 anos. Con actividade de luns a xoves, en horario de tarde, o centro ofrecerá diversos conta contos, obradoiros e xogos.

Este ano, como novidade, o horario será de 16:30 a 19:30 os luns e os mércores, mentres que os martes e os xoves irá de 17:00 a 20:00 horas.

O prezo das actividades vai dende os 25€ por 2 horas á semana, 40€ por 4 horas ou 50€ por 6 horas. Os país e nais interesados deben asistir á ludoteca e presentar a súa solicitude de inscrición na casa de Xuventude de Cangas.

Salir de la versión móvil