O cinema ao aire libre volve a Moaña. A concellería de Cultura organizar novamente este verán o xa tradicional “Moaña Son de Cine” que percorre as diferentes parroquias con proxeccións para todos os públicos ao aire libre.
A terceira edición deste particular evento cinéfilo, que cada ano suma novos adeptos co gallo de desfrutar dunha noite diferente, contará con sete sesións nas que colaborarán as diferentes asociacións do municipio.
O ciclo celebrarase entre o 22 de xuño e o 6 de setembro coa proxección de “Operación cacahuete 2”, “Ovejas y lobos”, “A familia feliz”, “Ferdinand”, “Canta”, “Cigüeñas” e “Cazafantasmas”. Todos os pases serán de balde até completar o aforamento de cada un dos recintos.
Datas e horarios de "Moaña Son de Cine"
VENRES 22 DE XUÑO
22.00 “Operación cacahuete 2”. Proxección no aparcadoiro do Centro Sociocultural Daniel Castelao, Quintela. Organiza Concello de Moaña, colabora A.VV. A Bouza-Quintela.
VENRES 20 DE XULLO
22.00 “Ovejas y lobos”. Proxección na praza do Vinte e Cinco de Xullo, O Rosal. Organiza Concello de Moaña.
MARTES 24 DE XULLO
22.00 “A familia feliz”. Proxección no parque infantil de Tirán. Organiza Concello de Moaña, colabora A.VV. O Pegho.
SÁBADO DE 4 AGOSTO
22.00 “Ferdinand”. Proxección no adro da Peregrina. O Latón, Meira. Organiza Concello de Moaña, colabora Asociación Comisión de Festas da Peregrina.
https://www.youtube.com/watch?v=9XcmEC8o98U
VENRES 17 DE AGOSTO
22.00 “Canta” Proxección no CEIP de Domaio. Organiza Concello de Moaña, colabora AFC Charaviscas de Domaio.
VENRES 31 DE AGOSTO
22.00 “Cigüeñas”. Proxección no aparcadoiro do Centro Sociocultural Aparcadoiro do Pazo do Real. Organiza Concello de Moaña, colabora A.VV O Real.
XOVES 6 DE SETEMBRO
21.30 “Cazafantasmas”. Proxección no adro da Capela dos Milagres. Organiza Concello de Moaña, colabora A.VV. Berducedo-Piñeiro.