Casa do Terror, obradoiros e espectáculos para desfrutar do Samaín de 2022 en Moaña. O Concello vén de presentar a súa programación de Samaín que contará con catro xornadas de actividades que comezarán o 28 de outubro e rematarán o día 31 cunha gran festa.
Un dos grandes atractivos celebrarase na Casa da Mocidade (Rúa María Martín) onde se instalará a “A casa do terror”, que servirá para organizar durante catro xornadas diferentes atividades como contacontos de medo, xogos e concertos ou un scape room.
A xornada do 31 de outubro, na contorna do Palco da Música, o Concello decorará toda a zona para programar actividades e xogos, pintacaras, etc. A xornada finalizará cun pasarrúas de Troula Animación da man do “Estrano caso do dentista da rúa Brasov”. Co seu carromato visitará a vila do Morrazo chegado dende a Europa do leste para contar a súa particular historia chea de xiros de guión, maxia e interacción co público.
Programación Samaín de Moaña
A CASA DO TERROR.
Na cMo- Casa da Mocidade de Moaña
- Venres 28 de outubro de 17:00 a 21:00 CASA DO TERROR.
- Todo o espazo estará decorado e poderedes vir disfrazados (a partir de 8 anos).
- 19:00 horas | “Contos, castañas e telarañas” con Marta Ortiz contos de medo e historias de defuntos.
- Sábado 29 de outubro de 17:00 a 22:00 CASA DO TERROR.
- Todo o espazo estará decorado e poderedes vir disfrazados (a partir de 8 anos).
- 17:00 a 22:00 horas | Xogos Monstruosos, Música, Animación, Photocall...
- 18:00 a 20:00 horas | Escape Room .Inscrición na cMo-Casa da Mocidade presencial dende o 24 ao 28 de outubro. prazas limitadas.
- 20:00 a 22:00 horas | Música: Sesión de SEBASTIAN BLACK e Cócteles Terroríficos.
- Luns 31 de outubro de 17:00 a 21:00 CASA DO TERROR.
- Todo o espazo estará decorado e poderedes vir disfrazados (a partir de 8 anos).
- 17:00 a 21:00 horas | Xogos Monstruosos, Música, Animación, Photocall...
- 18:00 a 20:00 horas | Concurso de Disfraces.
MAGOSTO-SAMAÍN
- Sábado 29 de outubro a partir das 18:00 horas | No Centro Sociocultural Castroviejo (Tirán)
- Domingo 30 de outubro a partir das 18:00 horas | No adro da peregrina (O Latón. A Guía. Meira)
O PALCO DO SAMAÍN
Na contorna do Palco da música (en caso de chuvia no Pavillón da Xunqueira )
- Luns 31 de outubro de 17:00 a 20:00 horas | Zona decorada onde poder asistir disfrazado ( idades de 0 a 8 anos. )
- 17:00 a 20:00 horas | Xogos de samaín, pintacaras monstrosas...
- 19:00 horas | “O Estraño caso do Dentista da rúa Brasov” da compañía Troula Animación no Paseo Marítimo.
TEATRO
No Salón de Plenos do Concello de Moaña
- Luns 31 de outubro. Narración oral e música ao vivo para público adulto de +18 anos.
- 21:30 horas | “Contos de Defuntos (e outros asuntos)” por Brais da Hortas.