Moaña sacará ás rúas as carrozas dos Reis Magos máis grandes da súa historia

Publicidad

A Cabalgata dos Reis Magos de Moaña quere facer historia. Este ano, a comitiva real moañesa chegará cunhas carrozas de 8,5 metros de largo nas que os reis percorrerán as rúas dende as 17:30 horas.

O desfile comezará no Peirado da Mosqueira e finalizará na Praza do Concello despois de percorrer a rúa Concepción Arenal. Cunha ambientación no continente africano, o Rei Melchor irá acompañado dun león prateado, Gaspar viaxará cunha leoa dourada e Baltasar contará cun maxestuoso camelo.

Amais das tres carrozas reais, a Asociación Moaña Patina participará coa súa propia plataforma xunto a ducia de patinadores e patinadoras. Para pechar a comitiva desfilarán oito vehículos clásicos que portarán os agasallos dos Reis.

A recepción realizarse, como de costume, ao finalizar o desfile cando recollerán as cartas do Buzón Real. Na Praza do Concello haberá instalados dous inchables para os máis cativos.

Salir de la versión móvil