"Monstros no Camiño", a divertida comedia que chega este domingo ao Rosal

Publicidad

Unha historia para pasalo de medo. É o que propón Teatro Ghazafellos, que chegará este domingo 8 de novembro ao Auditorio Municipal do Rosal con ‘Monstros no Camiño’, unha divertida comedia para nenos e nenas a partir de 4 anos e para as súas familias. A obra será a partir das 18:00 horas e de balde, aínda que con aforo reducido.

Descubre e desfruta da emocionante historia de tres investigadores de Europa do leste que viaxaron polo Camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres e fenómenos locais e reunirse nun simposio no que amosar os resultados da súa aventura.

Coa axuda dunha máquina da súa invención convocarán aos distintos monstros do imaxinario tradicional galego que pululan polo Camiño. Lobishomes, meigas, o Sacaúntos... desfilarán polo congreso para ser sometidos como moito humor a un escrutinio que lles permita a estes tres científicos e ao público comprobar se existen de verdade ou non. Un espectáculo familiar que fará a todas as persoas participantes cómplices da historia.

O Concello do Rosal continúa a apostar por unha cultura segura, polo que esta actividade contará con todas as medidas de prevención estipuladas polas autoridades sanitarias, como o aforo reducido ou o mantemento das distancias de seguridade entre o público. Ademais, é obrigatorio o uso de máscara durante todo o espectáculo.

Salir de la versión móvil