O Monte do Facho non terá segredos para os máis cativos

Publicidad

A tribo de Cangas da asociación de educación ambiental viaxa ao pasado prehistórico este domingo. Os cativos e cativas poderán desfrutar dunha zona excepcional, non soamente pola súa abraiante panorámica, senón tamén polo seu apaixonante pasado coa visita ao Monte do Facho.

Nesta actividade, a rapazada poderá aprender namentres xoga como era a cultura castrexa, como vivían e que comían os nosos devanceiros. Durante esta particular viaxe á prehistoria os cativos andarán na procura dos castros e tamén aprenderán a facer arte rupestre.

Como de costume, a inscrición, de 9€, inclúe educadores, material, picnic e seguros. Os interesados poden anotarse até ás o xoves, 18 de xaneiro nesta ligazón.


Pode interesarche: Así é a programación infantil de Vigo até abril


 

Salir de la versión móvil