Música e diversión para os nenos e nenas do Rosal no parque de Pías

Publicidad

A programación cultural do Rosal céntrase o próximo mércores nos máis pequenos e pequenas. O parque de Pías acollerá ás 20.00 horas a actuación do espectáculo infantil “PunkInfantil” de Peter Punk e Brais das Hortas, e ás 21.00 h será a quenda da banda infantil da Agrupación Musical do Rosal, actuación programada dentro da II edición de “O Rosal Cámara Fest”.

O espectáculo “PunkInfantil” é a creción de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso. Unha proposta a medio camiño entre un espectáculo teatral e un musical. O argumento é simple, dous músicos que chegan por equivocación a un mesmo escenario coa intención de ofrecer un concerto. O primeiro, un concerto infantil. O segundo, un concerto punk.

A actuación de Brais das Hortas e Peter Punk Pallaso flúe empregando a música como fío condutor, onde a técnica musical e a técnica teatral combínanse abríndoas cara a novos estilos e públicos. Un espectáculo musical e de clown para todos os públicos.

A banda infantil da Agrupación Musical do Rosal está composta polos máis pequenos e pequenas da escola. Novos, pero con moito talento, ofrecerán un concerto de cámara que musicara unha noite infancia.

Salir de la versión móvil