A nena que quería navegar desembarca en Gondomar

Publicidad

O xoves, 28 de decembro, chega ao Auditorio Lois Tobío a obra "A nena que quería navegar". A representación comeza ás 19:00 horas. A entrada será de 2.50 euros e a taquilla abrirá unha hora antes. Non hai venta anticipada de localidades.


Ocio para peques: Descobre as actividades do Festival Pequeártiko de Nadal


A peza, que corre a cargo de Redrúm Teatro, narra o relato de Nena, unha cativa que está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis.

Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital que, a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Esta personaxe ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

Outras actividades do Nadal en Gondomar

O público familiar tamén pode gozar o vindeiro sábado 30 de decembro co pasarrúas das rondallas polas principais rúas do casco urbán do municipio co obxectivo de felicitar as festas do Nadal dun modo tradicional e animoso cun repertorio de músicas natalicias. O acto comeza a partir das 11:30 horas.

Pouco despois, ás 19:00 horas, Os Terribles de Donas presentarán "Alcoucer", o seu terceiro traballo discográfico no que colaboran preto de cincuenta persoas de diversas agrupacións. O disco gravado en Casa de Toños (Mañufe) faise grazas a colaboración do concello de Gondomar e tamén do concello de Baiona, comunicade de montes de Donas ou entidades como a irmandade de devotos de San Roque de Vigo. No acto, os cinco compoñentes actuais do grupo falarán deste traballo acompañados polos representantes do concello de Gondomar e demais entidades colaboradoras.

Salir de la versión móvil