O BNG de Vigo propón habilitar zonas de xogo para a cativada nas beirarrúas

Publicidad
Imaxe do proxecto que levou a cabo o BNG en Lugo // FOTO: BNG DE LUGO
Imaxe do proxecto que levou a cabo o BNG en Lugo // FOTO: BNG DE LUGO

Rafa Nadal pedía nas últimas horas volver a normalidade que tiñamos hai dous meses. Posiblemente o desexamos todos. Pero iso, a corto prazo, é imposible. A crise do COVID19 non só afectará á economía, sino que a nosa rutina seguirá a sufrir importantes cambios. As propostas sucédense. A última a protagoniza o BNG de Vigo. A fronte nacionalista insta a habilitar zonas de xogo nas beirarrúas para os máis pequenos. O concelleiro Xabier Pérez Igrexas defendeu esta iniciativa para facer “máis amigábel e divertido” o espazo urbano para a cativada durante a escalada do confinamento.

O voceiro do BNG vigués lembrou que esta acción xa se puxo en marcha, a proposta do BNG, na cidade de Lugo. “As pequenas e os pequenos soportaron moitas semanas de confinamento e agora que os parques infantís seguen fechados, estas zonas de xogo farían máis agradábel os paseos permitíndolles brincar de maneira segura ao aire libre”, defendeu.

Pérez Igrexas chamou a dar un paso máis no proceso de “democratización do espazo público” coas novas peonalizacións que se están a realizar na cidade olívica nos últimos días, pensando nas máis pequenas e pequenos.

Salir de la versión móvil