O CRA María Zambrano do Rosal, unha escola rural onde aprender xogando

Unha nova forma de educación // iStock.com/chameleonseye

Publicidad

Aprender xogando e xogar para aprender. Así de claro o teñen nas aulas do CRA María Zambrano do Rosal, un colexio rural agrupado con seis escolas unitarias para alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria no que unha forma de ensino pioneira se mestura cun trato moi personalizado e próximo tanto cos nenos e nenas como coas súas familias. Unha andadura conxunta durante os primeiros anos de vida dos cativos e cativas no que un completo equipo de docentes e expertos que os acompaña no seu crecemento educativo e persoal.

Para iso optan por escapar de métodos clásicos e traballar por proxectos con grupos reducidos que permitan atender á diversidade de todo o alumnado e cunha educación en valores na que as novas tecnoloxías tamén teñen cabida. A robótica, a mesa de luz ou as pizarras dixitais conviven tamén con metodoloxías manipulativas e cun coñecemento e agarimoso coidado da contorna con iniciativas como a horta escolar ou o recuncho de compostaxe. Todo con amplas zonas de lecer rodeadas de natureza no que os nenos e nenas poden aprender investigando, explorando e creando.

Un proxecto educativo integral no que os nenos e nenas son o máis importante e que conta cun ademais de cos mestres e mestras cun equipo de Orientación coa especialidade de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe. Cunha xornada lectiva de 09.00 a 14.00 horas, o vindeiro curso o CRA completará a súa oferta educativa cos servizos de aula madruga con almorzos saudables, variados e actividades educativas dende as 08.00 h ata o comezo das clases; biblioteca escolar, aberta a todas as familias e á comunidade escolar; comedor e actividades extraescolares organizadas pola ANPA do centro.

As aulas das escolas en Couso, Fornelos, Marzán, Novas, Paradelas e Pías contan nestes intres con 8 unidades de educación infantil e 3 de primaria e xa teñen aberto o seu proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2021/22. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude de praza ata o vindeiro 22 de marzo e teñen á súa disposición toda a información necesaria na web do propio Colexio Rural Agrupado

Salir de la versión móvil