O Samaín vigués chegará tamén a Coia e Bouzas: esta é toda a programación

FREEPIK

Publicidad

O Samaín de Vigo para os máis pequenos chegará tamén a Coia e Bouzas. As actividades, desenvolveranse polo tanto en Navia e A Doblada o 30 e 31 de novembro e 1 de outubro,  e en Coia e Bouzas o 12, 13 e 14 de novembro.

O público infantil poderá desfrutar dunhas xornadas pensadas para que descubran unha das festas culturais galegas que nos entronca directamente con outras culturas galegas e que ten un significado relacionado co fin das colleitas, o comezo do silencio do inverno ou a comuñón entre os vivos e os mortos.  A programación consta de diferentes obradoiros nos que a rapazada poderá aprender á vez que realiza actividades e tamén música e charanga.

No caso da Doblada, a cita que terá lugar na pista deportiva de fútbol da rúa Merlo, contará coa actuación de Ce Orquesta Home Fantasma, Uxía Lambona e a Banda Molona, o grupo folclórico Andarela e o baile galego de Corisco. Tamén está programado un espectáculo infantil "Quén dixo medo"  ou teatro humor "O que hai que ver".

En Navia, terá lugar na rúa das Teixugueiras na praza da Lagoa, entre os números 18 e 20. As actuacións musicais correrán a cargo de Trilitrate, Cherry Sweet, Pándega das Teixugueiras e Traspés. Tamén está programado Popin Morro de Risa ou o espectáculo "Quén dixo medo".

No caso de Coia, as actividades serán no Torreiro, a pista de hockei, cerca do colexio CPR Don Bosco, coas actuacións musicais de Son Trío, Vai de Baile, Folk Arxe, Os Ventos de Comesaña e O Fiadeiro.

Por último, en Bouzas, a cita será a carón do pavillón de Bouzas Pablo Beiro, no aparcadoiro de coches. A música chegará da man de Mundo Prestigio, Airiños do Mar de Teis e Alalá.

Obradoiros

Natureza e fotoconto

A actividade, na procura da comprensión do papel que xoga o Samaín como festa cultural galega, conta coa elaboración dun pequeno conto oral que irán creando as persoíñas con termos ligados ao Samaín e a decoración de cabazas con pinturas por parte delas. Está pensada para rapaces de entre 5 e 11 anos. Cada participante debe levar a súa propia cabaza.

Obradoiro científico

Este obradoiro está composto por tres actividades, recomendadas a partir de 6 anos.

Cociñando o Samaín. O obradoiro mestura ciencia, cociña e Samaín, explorando a través de receitas sinxelas e fascinantes a relación entre ciencia e cociña. Cócteis terroríficos e sobremesas de cociña molecular utilizando os produtos típicos da época.

Slime terrorífica. A través da fabricación dun slime os rapaces irán descubrindo a química e aprendendo a medir cantidades con precisión e seguir un protocolo científico.

Postais sinistras. Os rapaces e rapazas participantes na actividade construirán unha figura terrorífica decorando un modelo da súa elección e posteriormente incorporarán nel luz utilizando cinta condutiva e leds.

Obradoiro gastroliterario do Samaín

Os nenos e nenas farán cazoliñas de chocolate, crema de galleta e castaña. Prepararán unha sobremesa sabrosa de castañas con sabor a outono. A receita complementarase con "Contos do Pobo para o Magosto" que falan de rituais, froitos do outono e castiñeiros máxicos.

Salir de la versión móvil