Os Bolechas apostan por comer peixe no seu último libro

Publicidad

A segunda edición do Vigo SeaFest xa é historia. O evento que organiza ARVI deixa moitos momentos. Un deles foi a presenza dos Bolechas na última xornada do festival. Os famosos bonecos creados por Pepe Carreiro visitaron o recinto do Náutico seguidos de decenas de nenos e nenas, acompañados dos seus pais, protagonizaron a presentación do libro "Os Bolechas comen peixe", editado por Bolanda.

No seu percorrido pola cita viguesa, Os Bolechas detivéronse no expositor de ANASOL, onde os nenos e nenas poideron ver peixe fresco.

Un dos obxectivos do festival Vigo SeaFest é a promoción dos beneficios do consumo de pescado e a importancia da proteína do pescado para a saúde. Neste contexto, a visita dos famosos bonecos ten por finalidade transmitir aos nenos e nenas a importancia da presenza do peixe na súa dieta, así como coñecemos sobre as distintas especies.

Salir de la versión móvil