O salón de actos do Concello de Pazos de Borbén acolle este domingo unha xornada dedicada ao público infantil e familiar coa actuación “Somos unha gran familia” que correrá a cargo de Os Bolechas. O espectáculo comezará ás 20:00 horas e a entrada será de balde ata completar o aforo da sala.
O espectáculo de Os Bolechas mesturará o tradicional formato de marionetas cos actores reais y basease na participación do público como elemento principal. A proposta ten un compoñente didáctico sobre o que xira o show, a familia e a súa importancia nas nosas vidas. Para ilo, proporanse diversas situacións e xogos nos que se terán que resolver cuestións como os parentescos familiares.
A actividade está organizada polo Concello de Pazos de Borbén e está incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado da Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.