Os Bolechas presentan a súa aventura en Ponteareas

Publicidad

A familia favorita da cativada galega, OS Bolechas, visitarán na tarde do martes, 22 de maio, o Concello de Ponteareas para presentar as súas aventuras no novo libro que se centra na vila do Condado. En concreto, a familia de monicreques estará no Auditorio Municipal a partires das 18:00 horas.

Na presentación do libro de “Os Bolechas van a Ponteareas” estará tamén presente o creador destes personaxes infantís, Pepe Carreiro. Esta iniciativa pretende facer que os cativos e cativas de Ponteareas sintan orgullo da súa vila achegándose á súa historia e vida dun xeito lúdico e didáctico.


Pode interesarche: Os Bolechas súmanse á candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Unesco


Gustavo Alves gaña o concurso de debuxo “Ponteareas con ollos de nenas e nenos”

Por outra parte, este venres 25, ás 12:00 horas, a Concellería de Ensino entregará os tres primeiros premios do concurso de debuxo “Ponteareas con ollos de nenas e nenos”.

No salón de plenos, a concelleira Cristina Fernández, entregará a Gustavo Alves de Oliveira, Daniela Otero Rial e Noel de Lorenzo Sío, alumnos do CPR Santiago Apóstol, os premios deste concurso que pretende pór en valor ante a comunidade educativa, e máis concretamente ante o alumnado de Primaria e Secundaria, o contorno natural, paisaxístico e Patrimonial do Concello de Ponteareas.

Os participantes deixaron voar a súa imaxinación para plasmar creacións relacionadas co Patrimonio Municipal, a natureza e a paisaxe así como aqueles recunchos do Concello que o alumnado ten máis próximos e propón recuperar para o seu uso e desfrute.

Gustavo Alves, primeiro premiado, desfrutará dun concurso de debuso intensivo e a segunda e o terceiro premiado obterán un vale de compra de material de debuxo e escolar.

Salir de la versión móvil