Coa chegada do outono é tempo de visitar o monte, recoller castañas e desfrutar da natureza. Por isto, a asociación Alados organiza este sábado, 14 de outubro, unha saída ao Embalse de Zamáns, Vigo, para “desfrutar da maxia do bosque”. Terá lugar entre as 11:00 e 14:00 horas.
A actividade, que ten un prezo de 9€ para nenos socios e 12€ para non socios (adultos acompañantes de balde) permitirá aos cativos recoñecer e colleitar os froitos do outono, como castañas e fungos ou rastrexas animais como las lontras, os xabarís e os raposos.
Ademais, co gallo de vivir a experiencia do bosque nunha inmersión total, cativos e pais e nais construirán cabanas e gozarán dun pícnic saudable.
O custe da inscrición inclúe educadores ambientais e o pícnic ecolóxico. A inscrición pode realizarse en info@alados.es e no Whatsapp 662 140 027.