O ciclo de películas "Cinema de Nadal" retorna nestas datas con dúas novas achegas orientadas ao público familiar e infantil. A primeira sesión será mañá, 28 de decembro, coa proxección de "Vaiana" ás 17:30 horas no Centro Cultural. A película de animación conta a historia dunha intrépida rapaza, nada nunha pequena illa do Pacífico sur, que desexa navegar polo océano e coñecer mundo. Vaiana terá que loitar contra as tradicións e as imposicións da súa tribo para poder acadar os seus soños.
A programación de "Cinema de Nadal" continuará o próximo mércores 3 de xaneiro co filme "¡Canta!", unha divertida película de animación na que un koala, propietario dun teatro, trata de manter o seu negocio a flote organizando un concurso de canto no que participarán toda clase de animais. A cita será tamén ás 17:30 horas no Centro Cultural.
"Cinema de Nadal" é unha iniciativa da Concellería de Cultura que busca ofrecer espazos para gozar da cultura en familia e dun xeito ameno na nosa vila. O acceso é libre e gratuíto ata completar as prazas dispoñibles.
A sinopse de "Vaiana"
A historia ten lugar fai dous milenios nunhas islas do sur do Pacífico. A protagonista é Vaiana Waialiki, unha xoven que desexa explorar o mundo navegando polo océano. Ela é a única filla dun importante capitán que pertence a unha familia con varias xeracións de marinos
A sinopse de "¡Canta!"
Buster Moon é un elegante koala que rexenta un teatro que coñeceu tempos mellores. É un optimista nato, o que está moi ben se non fora un pouco caradura, pero ama ao seu teatro con paixón e é capaz de calquera cousa para salvalo. Sabe que é o soño da súa vida está a piques de desaparecer, e só ten unha oportunidade para mantelo a flote: organizar un concurso de canto e conseguir que sexa un gran éxito. Entre os moitos aspirantes aparecerán unha cerdita ama de casa e outro porco moi animoso, unha porcoespiño rockero, un gorila bondadoso, un ratón presumido e unha elefante moi tímida.