Os mellores nadadores da Louriña mídense en Mos

Publicidad

O Concello de Mos será o 28 de abril escenario dunha batalla acuática. O Club Natación de Mos organiza, en colaboración co Concello, o VII Campionato de Natación Escolar Val da Louriña para nenos e nenas nados entre 2005 e 2012.

O Campionato disputarase o vindeiro 28 de abril, sábado, a partir das 17.00 horas da tarde, na Piscina Municipal de Mos e, dende o Club Natación Mos, animan aos cativos interesados neste deporte a participar. Nadadores membros e directiva do Club programan esta actividade para dar a coñecer a disciplina deportiva da natación e para que os máis pequenos desfruten dunha tarde de deporte.

O prazo de inscrición no Campionato estará aberto, na Piscina Municipal de Mos, ata o día 24 de abril. O límite de inscritos/as será de 150 rapaces. A listaxe de nadadores/as admitidos/as confeccionarase por rigorosa orde de inscrición.

Salir de la versión móvil