Os nenos, en busca do tesouro en Bueu

Publicidad

Interesante actividade esta fin de semana para os nenos que se acerquen este fin de semana a aldea de Meiro. En busca do tesouro proporá aos participantes atopar o cofre do tesouro axudándose de pistas de libros e un mapa. Concretamente, o desenvolvemento do xogo farase mediante grupos, que se conformarán no lugar de saída e que terán un mínimo de entre tres e seis participantes.

En busca do tesouro dará comezo a partir das 10:00 horas deste sábado 5 de agosto diante da Casa da Aldea de Meiro e poderán participar os rapaces de entre 5 e 17 anos.

Os interesados en participar na actividade En busca do tesouro non necesitan nin inscrición previa nin facer ningún tipo de pago ao ser un xogo de balde.

Os premios de En busca do tesouro

A actividade que pon en marcha a Axencia de Lectura de Meiro coa colaboración do Club Golfiños, a Asociación de Veciños A Morada e o Concello de Bueu agasallará ao gañador cuns lotes de libros doado polas librarías colaboradoras da vila, Abrente, Miranda e Marpau, así como pola Editorial Galaxia.

Salir de la versión móvil