A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas inaugura o Verán Rural no Centro Cultural de Moreira. Dezasete cativos comezaron onte as clases en horario de mañá de nove a dúas da tarde.
Aprender xogando é o obxectivo das actividades do Verán Rural para o que aínda quedan prazas na parroquia de Prado, na de Guláns e na de Xinzo. No caso de Prado o Verán Rural comezará o 16 de xullo e rematará o 31 de xullo; en Guláns o Verán Rural vai do 1 ao 16 de agosto e en Xinzo do 17 ao 31 de agosto.
A Concelleira de Ensino, convida a tódolos cativos e cativas a participar no Verán Rural no que terán a ocasión de coñecer a súa parroquia, visitar os arredores e descubrir recunchos de alto valor natural e patrimonial.
Como apuntarse ao Verán Rural en Ponteareas?
Tódolos interesados en inscribirse nas actividades do Verán Rural deben achegarse ao Rexistro do Concello de Ponteareas para cumprimentar a solicitude de inscrición. Tamén poden porse en contacto co departamento de ensino situado no andar baixo do Concello ou obter máis información enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@ponteareas.gal