Rastrexo circense en Mos para os máis pequenos

Publicidad

Os rastrexos, esa actividade de ocio nocturno na que grupos de persoas compiten por realizar un determinado percorrido no menor tempo posible namentres que están suxeitos a diferentes probas, estanse a espallar cada día máis e agora tamén entre os cativos e cativas.

Deste xeito, a Asociación Nosa Terra de Pereiras organiza para o vindeiro sábado, 26 de agosto, un rastrexo infantil para nenos de entre 5 e 12 anos. En total, poderán participar un máximo de 25 grupos, e dicir, en torno a 250 rapaces, nunha actividade adaptada aos rapaces.

Debido as súas características, o rastrexo arrancará ás 17:00 horas e cada grupo de nenos deberá estar acompañado por entre un e dous adultos. O prezo da actividade é de 2,50€ por rapaz e para anotarse é necesario enviar un correo electrónico a avvnosaterra@yahoo.es

Nesta ocasión, ao tratarse dun rastrexo infantil, non estará ambientado no alén, senón que xirará en torno a unha temática circense. A súa lonxitude será de 3,5 km.

 

Salir de la versión móvil