Os Reis Magos precisan de “mini” axudantes en Ponteareas

Publicidad

Na procura de axudantes reais, así se atopan neste momento os Reis Magos de Oriente no concello de Ponteareas. As súa maxestades, que percorrerán as rúas do concello o vindeiro 5 de xaneiro andan na busca de paxes reais para participar con eles na comitiva.

Os interesados poden anotarse até o 22 de decembro no rexistro de entrada do Concello. A participación decídese por orde de entrada das solicitudes, polo que os menos preguiceiros serán os que teñan máis posibilidades.

Poden participar nenos de idades comprendidas entre os seis anos e os catorce anos.
Posteriormente dende a Concellería de Cultura poranse en contacto cos pais, nais ou titores legais para que asinen a correspondente autorización e proben o traxe.

A Concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, anima a todas as cativas e cativos a participar no desfile desta festividade que ten como obxectivo fomentar a imaxinación, a creatividade e espertar o lado artístico de cada pequena e pequeno.

Salir de la versión móvil