Pakolas e Laura Romero inundarán Mos de contos e rock and roll

Publicidad

"Contos, Cores e Rock n' Roll" chega a Mos da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o publico. Esta proposta multidiscilplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean.

Paco Cerdeira, máis coñecido como Pakolas, guía á rapazada coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra. Nesta ocasión conta co apoio da ilustradora Laura Romero, dando unha nova dimensión visual coa creación en directo de debuxos con cores que acompañan ás cancións e contos que nelas se recollen, e axudando así a Pakolas na presentación dos seus protagonistas animais.

Paco Cerdeira ven de editar en decembro de 2017 o seu primeiro libro-disco en solitario "Pakolas", nome co que se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta cunha longa traxectoria. Este novo traballo musical para os máis peques é no que se basea este espectáculo. A publicación está editada por Galaxia, na súa colección Sonárbore, en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, e conta na edición coas ilustracións de Laura Romero, quen o acompañará nesta nova montaxe en directo.

O espectáculo terá lugar este sábado 19 de maio, ás 18:00 horas, na Sala Rebullón. A entrada é de balde.

Salir de la versión móvil