Papá Noel chega a Redondela nun Ford Meteor convertible

Publicidad

Papá Noel fará a súa parada en Redondela o vindeiro venres, 22 e sábado, 23 de decembro. A maxia e ilusión do Nadal, especialmente nos cativos, verase reflexada durante a visita do tradicional personaxe de Laponia, que se paseará pola vila dos viadutos subido nun Ford Meteor convertible.

O vehículo, evidentemente de cor vermella, serviralle para achegarse até os distintos puntos onde os comerciantes instalaron varios tronos que permiten á rapazada pedir os seus desexos e agasallos.


Pode interesarche: Así foi a gran "Papanoelada" moteira de Vigo (vídeo)


A estadía de Papa Noel en Redondela será en horario de 17:00 a 20:30 horas e visitará todos os recunchos da vila. Os comerciantes de Vilavella recibirano na rúa Salgueiral namentres que os comerciantes de Reveriano Soutullo e rúas anexas o farán na praza deste mesmo nome e na Praza de Alejandro Otero. Por último, Papá Noel visitará tamén a Rúa General Rubín. A actividade está coordinada pola Asociación de Empresarios de Redondela coa colaboración de Abanca.

Outras actividades de Nadal en Redondela

Pola súa parte, o Concello conta cunha ampla programación de Nadal neste mes de decembro onde destaca o Belén elaborado por voluntarios e voluntarias no Multiusos da Xunqueira, que será inaugurado o 22 de decembro ás 12:00 horas, ou o Belén Vivinte que se representará nos soportais da Casa do Concello o 25 de decembro ás 12:30 horas.

Este mesmo venres, 22 de decembro, a música e a solidariedade chegará con diversas citas.  Ás 19:00 horas chegará o certame de "Danzas con ilusión" que, organizado pola Escola de Danza Deborah, busca recadar fondos para a ONG Damán, organización galega que desenvolve a súa actividade coa poboación inmigrante. A entrada ten un custe de 4€ e pode adquirirse no Multiusos ou no mesmo día da cita.

Na mesma data, pero ás 21:30 horas, celebrarase outro concerto solidario, desta vez en favor da Asociación Andaina. A entrada, cun custe de 4€ pode mercarse no Multiusos de Chapela e na Escola de Música de Chapela.

Xa o 23 de decembro será a quenda do Festival de Panxoliñas, tamén no Multiusos da Xunqueira e con entrada de balde. Arrancará ás 18:00 horas.

Ainda nas citas solidarias, é importante destacar a II Carreira Popular de Nadal, con 4 quilómetros de percorrido que arráncará o 24 de decembro ás 17:00 horas e o concerto anual da Asociación Lenda, que se celebrará na Xunqueira ás 20:30 horas do 29 de decembro.

 

 

Salir de la versión móvil