Tui abre o prazo para a inscrición nos campamentos de verán

Publicidad

Este venres, 29 de xuño, abre o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2018 que organiza o Concello de Tui. Este ano ofértanse dúas quendas, a primeira do 16 ao 31 de xullo e a segunda, do 1 ata o 14 de agosto. As solicitudes, xunto á documentación requirida, débese entregar na secretaría da casa do concello ata o día 4 de xullo.

Como funcionan os campamentos tudenses?

Os campamentos de Tui contan con monitores especializados e dividen aos rapaces en grupos segundo a súa idade. Destinados para nenos de entre 3 a 12 anos, realizan diversas actividades deportivas, xogos e obradoiros, pero tamén saídas medioambientais para que traballen no respecto da natureza ou actividades relacionadas co compañeirismo e a igualdade.

Ademais, co desenvolvemento deste campamento, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.

Cal é o prezo e os horarios dos campamentos?

O prezo do campamento será o mesmo que nas edicións pasadas, estando establecido en 30,56€ por quenda  e os rapaces permanecen cos monitores de luns a venres entre as 9:00 horas e as 14:00 horas.

Como solicitar praza?

As solicitudes, xunto á documentación requirida, débese entregar na secretaría da casa do concello ata o día 4 de xullo.

Salir de la versión móvil