Salceda énchese o sábado de mini chefs coa campaña “Ama o teu mercado”

Publicidad

O mercado de Salceda de Caselas súmase á celebración da Campaña Internacional “Love Your Local Market” (“Ama o teu mercado”) de promoción das cualidades naturais dos produtos que se poden adquirir nas prazas de abastos. Este ano, co gallo de achegar os mercados á rapazada, o Concello de Salceda programará a actividade “Nós tamén cociñamos”.

O evento, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, terá lugar o sábado, 26 de maio, dende as 11:00 horas. Con carácter totalmente gratuíto, o obradoiro permitirá á rapazada implicarse nas tarefas da cociña elaborando “chocobolas”, “ovos recheos”, “galletas de avena” e até “tostas de guacamole e atún”.

Os obradoiros teñen unha duración aproximada de tres horas e os rapaces contarán coa guía profesional e todos os utensilios precisos e adaptados ás súas necesidades.

Love your market é unha iniciativa europea que busca atopar novos xeitos de celebrar o amor polos mercados locais e a compra de proximidade. A campaña celebrase este ano en 17 países con máis de 3000 actividades.

Salir de la versión móvil