"Sherlock Holmes" porá as súas calidades detectivescas ao servizo de Tui

Publicidad

Maxia, humor, comedia…é a proposta que da man do mago Cayetano Lledó chega este sábado, 3 de marzo, ás 19:00 horas ao Teatro Municipal de Tui no espectáculo "Sherlock Holmes".

O afamado detective resolverá o caso do roubo das xoias da Mansión dos Patterson. Todos, dende a baronesa até o mordomo, son sospeitosos, incluso podería ser que alguén do público puidera ser o responsable desta importante desaparición.

O ilusionista e actor de improvisación Cayetano Lledó será o encargado de dar vida ao célebre detective. Lledó Ten participado en moitos festivais internacionais de ilusionismo. Na actualidade preside a Asociación de Magos Profesionais de Galicia (MPG).

As entradas están á venda en www.culturatui.info até o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes. Prezos: 4€ e 3€.

MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil