Shrek chega este domingo a Vigo en formato musical e en galego

Publicidad

A primeira adaptación ao galego de Shrek chegará esta fin de semana ao Auditorio Mar de Vigo coa que facer gozar tanto a nenos como adultos. A adaptación da oscarizada película de DreamWorks, baseada nos personaxes do libro ‘ Shrek’ de William Steig, leva aos escenarios a divertida historia dun gran ogro verde que se embarca nunha viaxe que lle cambiará a vida co fin de reclamar a identidade da súa terra.

O musical é un espectáculo onde, coa adaptación ao galego da Asociación Cultural Musical CODA, o público poderá achegarse un pouco máis a unha filosofía de vida onde se amosarán valores como o amor verdadeiro, a amizade e o valor que impregnan as letras e escenas neste evento cheo de maxia e sorpresas para toda a familia.

‘Shrek, O Musical’ é un recital familiar divertido con moitos “ gags” que farán rir ao público. O espectáculo contará cunha escenografía que incluirá varios cambios de decorado.

A representación terá lugar este domingo, 28 de outubro, a partir das 18:00 horas no Auditorio Mar de Vigo. As entradas poden adquirise en Ataquilla dende 10€.

Salir de la versión móvil