Teis asistirá á nova fábula de “Os tres porquiños”

Publicidad

O Auditorio Municipal de Teis acolle o domingo 1 de decembro a representación de “Os tres porquiños” da man de Educa Teatro. A sesión terá lugar ás 18:00 horas e as entradas pódense adquirir a través da web de Ataquilla por un prezo de 10 euros.

“Os tres porquiños” é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Trátase dunha revisión da tradicional fábula adaptada aos novos tempos, incluíndo nela a dous exploradores, Xan e Xiana, moi afeccionados aos contos. Da súa man, o público accederá ao bosque para coñecer aos súas personaxes favoritas. Ademais de descubrir a historia dos tres porquiños, os máis pequenos da casa poderán bailar e cantar ao ritmo das cancións que compoñen este espectáculo que fai parada no barrio vigués de Teis.

Esta proposta para o público familiar forma parte dunha chea de espectáculos que comezarán a celebrarse en Vigo. Un dos grandes eventos desta previa ás festas do Nadal terá lugar este domingo 24 de novembro no Teatro García Barbón con Cantajuego, para o que apenas quedan entradas para a sesión das 12:00 horas. A función das 17:00 horas xa firmou "sold out".

Salir de la versión móvil