Tui, escenario de “Alicia no país das marabillas”

Publicidad

Tui será un escenario máxico no que os cativos poderán desfrutar das aventuras de Alicia no país das marabillas. Así, o 24 de outubro, co gallo do Día da Biblioteca, o “Sombrereiro Tolo” visitará a biblioteca tudense na busca da protagonista dos contos de Lewis Carroll.

Das súas máxicas mans irán aparecendo distintos personaxes do conto “Alicia no país das marabillas” combinando maxia, monicreques e actividades na que os cativos deberán participar activamente.

O contacontos comezará ás 17:00 horas e, dado o aforamento limitado da sala infantil, é preciso inscribirse previamente ata o 18 de outubro presencialmente na Biblioteca, no primeiro andar da Área Panorámica – entrada porta 5 - ; por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou no teléfono 617 49 81 03. A biblioteca tudense abre de luns a venres de 9h a 14h e de 15 a 21h e os sábados de 9 a 13h.

Salir de la versión móvil