Unha comedia musical para chuparse os dedos na Sala Ártika

Publicidad

A pastelaría de Dona Remedios está pasando por un mal momento. A súa encargada, Ana, só sabe facer boliños de crema. A única solución que a Señora Remedios ve posible para salvar o negocio é contratar cun novo axudante, Lito, que irrumpe na pastalería montado no seu patinete e cargado de novas ideas e receitas que porá en dúbida á parte máis tradicional e racional da repostería Ana.

Música, humor e danza claqué son os ingredientes principais desta nova comedia musical que pon sobre as táboas a importancia de saber apreciar a variedade do noso mundo e do traballo en equipo fronte os individualismos. Un espectáculo deseñado para os máis cativos e cativas da casa con diálogos áxiles e cancións participativas.

Os protagonistas desta historia son Ana, representada por Rocío Salgado, defensora da parte tradicional e Lito, Martín Maez, que aporta un novo punto de vista a través das novas ideas, cores e loucuras da repostería moderna. O espectáculo "Ummm!! Unha comedia musical... para chupar os dedos" dirixido por Xoan Abreu, conta cun texto Martín Maez, e con músicas compostas por Jonathan Caramés, Martín Maez e Xoan Abreu. A escenografía foi deseñada por José Faro (Coti) e o deseño de iluminación conta co selo de Javier Quintana.

"Ummm!! Unha comedia musical... para chupar os dedos!" é a sétima produción da compañía Avento Producións. Un espectáculo que consolidar como un referente do teatro musical en Galicia dende a súa conversión a compañía profesional. Un novo título que se suma a outros como "Aladino e a lámpada marabillosa", "Hansel e Gretel", "O mago de Oz" ou "Fantásticks" entre outros.

A obra poderase ver na Sala Ártika este sábado 23 de febreiro, ás 18:00 horas, e este domingo 24 de febreiro con funcións ás 12:00 e ás 18:00 horas. A duración da peza será de 50 minutos. O prezo da entrada xeral é de 6 euros. Tamén existe a entrada familiar na que tres ou máis membros da mesma familia pagarán 5 euros por localidade.

Salir de la versión móvil