Uxía Lambona actuará en Teis no marco do Día de Galicia

Publicidad

Teis festexa durante tres xornadas o Día de Galicia. O barrio vigués acollerá diferentes actividades do luns 22 ao mércores 24 de xullo. Haberá unha programación para todos os públicos que terá lugar en diferentes espazos de Teis, pero a maioría das representacións na Praza do Barrio das Flores e na Praza do Mercado.

Un dos principais reclamos será Uxía Lambona e a Banda Molona. Un dos espectáculos estrela para o público infantil terá lugar na Praza do Barrio das Flores o martes 23 de xullo ás 19:30 horas. Nenas e nenos poderán gozar deste espectáculo musical que achega á rapazada temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, mesturando estilos musicais que van dende o ska ao hip hop.

Os asistentes a esta festa para conmemorar o Día de Galicia. A Praza do Barrio das Flores permitirá desfrutar o 22 de xullo da actuación do Paiaso Popín ás 19:00 horas e do contacontos “Eiraxandobeleira” ás 20:00 horas mentres que a Praza do Mercado do Berbés será o escenario dos concertos Banda de Música de Redondela ás 19:30 horas o 22 de xullo ou a Banda de Música de Valladares ás 20:00 horas no 23 de xullo. O escenario da rúa Purificación Saavedra despedirá a programación do Día de Galicia o 24 de xullo cun festival de canto dos nosos barrios cos grupos “Airiños do Mar de Teis” e “Vellos Ventos" ás 19:00 horas.

A Praza do Barrio das Flores proseguirá coas actividades o 23 de xullo coa actuación do Grupo de Baile Moderno L’Danza, ás 19:00 horas. As propostas continuarán o 24 de xullo coas actuacións do Grupo de Baile Moderno “Star Danza” ás 19:00 horas e os grupos Hip Hop da academia “Arte e Danza”, ás 19:15 horas, mentres que os cativos poderán asistir ao contacontos “Pepiña Maruxiña Quere Voar” ás 19:30 horas.

O Día de Galicia chegará á maior parte dos puntos de Teis a través de pasarrúas. O 22 de xullo o Grupo de Pandereteiras levará a música a partir das 19:00 horas polas rúas Avenida de Galicia, Doutor Corbal e Alonso Ojeda. O 23 de xullo será o grupo de gaitas Marinetea os que percorrerán Buenos Aires e Ángel de Lema e Marina. O colofón chegará o 24 de xullo co desfile do grupo de gaitas Pardavila ás 18:00 horas por Sanjurjo Badía mentres que o grupo de pandereteiros da A.C. Traspés, ás 19:30 horas, polas rúas Maceiras, Enrique Lorenzo e Purificación Saavedra.

Salir de la versión móvil