Uxía Lambona e a Banda Molona pon música ao primeiro festival infantil transfronteirizo

Publicidad

A Eurocidade Cerveira-Tomiño propón un día moi especial para compartir en familia. Este sábado 31 de agosto, os asistentes aos dous municipios poderán escoller entre as decenas de xogos e actividades no primeiro Festival Infantil Transfronteirizo “Aventura na Terra da Amizade”, celebrado nun espazo natural coma o Parque de Lecer do Castelinho, un festival cun forte compromiso coa pegada ecolóxica a través de accións de concienciación ambiental e entrada totalmente libre en todas as actividades.

Antes do inicio dun ano lectivo, Vila Nova de Cerveira e Tomiño propoñen unha despedida distinta ás vacacións de verán, con todo aquelo que os máis pequenos lles gusta e merecen. O festival infantil, que contará con inchables para todas as idades, trampolíns, ludoteca para bebés, pinturas faciais, xogos tradicionais, danza, zumba ou maxia. O evento abrirá as súas portas no Parque do Casteliño entre as 10:00 e as 19:00 horas (hora portuguesa), rematando en terras tomiñesas cun concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, na Praza do Seixo, a partir das 21:00 horas (hora galega).

Co obxectivo de promover unha compoñente didáctica, a cita convidará aos pequenos festivaleiros e as súas familias van ser convidados para dar a súa contribución á pegada ecolóxica. Neste senso, será un festival ambientalmente responsable, por un lado erradicando a utilización desmedida de plástica e, por outro, incentivando o mantemento dos espazo públicos limpos, coa presenza de varios ecopuntos humanos e estáticos, alén da dinamización da actividade “Recicla coa Lontra”.

Ao longo de todo o día están previstas, asemade, accións onde se aprenderá a importancia de reducir, reutilizar e reciclar. Unidos polo río Miño, Vila Nova de Cerveira e Tomiño tentarán potenciar a convivencia entre a veciñanza dun e outro lado da fronteira.

Horarios do festival

Programa: (hora portuguesa)
10:00: Abertura con participación da ADEIXA
11:00: Zumba Kids
12:00: Pé Pintor
14:30: Concerto Uxía Lambona
15:30: Momento de Maxia
17:00: Pé Pintor
17:30: Feiticeiro de Oz
18:40: Baby Shark e Danza cos Heroes

Concerto (hora galega)
21:00: concerto completo de Uxía Lambona e a Banda Molona, na Praza do Seixo, a partir das 21.00h (hora galega).

Salir de la versión móvil