O Concello de Baiona celebra entre o 24 e o 29 de xullo o Campus Multideporte, no que participan un total de 60 nenos e nenas. A oferta municipal vai dende xuño a septembro cun total de 16 campus deportivos, tres deles específicos para integración e adicados a nenos e maiores con dificultades motrices ou psíquicas. Co patrocinio de La Caixa e en colaboración cos clubs, a oferta amplíase este ano con volei praia, bádminton e multideporte adaptado
A oferta deportiva dos campus está deseñada entre todos os clubs deportivos locais e destaca dentro da oferta deste verán a incorporación de campus deportivos tan novos como o Campus de Bádminton e o de Vólei PRaia.
O Concello de Baiona segue apostando tamén polos Campus de Deportes Náuticos, que se amplían con catro quendas (de mañá e de tarde) para acoller ao maior número de interesados en practicar vela lixeira, piragüismo, windsurf e pádel surf.
Dezaséis campus en once semanas de vacacións
Este ano 2017 ofértanse en total 16 campus repartidos entre as 11 semanas de vacacións escolares para conciliar co traballo familiar con oito disciplinas no mes de xullo e outras oito no mes de agosto. Dende a Concellería de Deportes e os distintos clubs locais elaborouse un programa técnico e lúdico orientado cara a un enfoque común para outorgarlle unha uniformidade á oferta deportiva.
Todos os campus desenvólvense ao longo dunha semana en horario de 10:00 a 14:00 horas, aínda que para facilitarlle aos pais máis marxe horaria establécese xa desde as 09:00 horas o horario de recepción de alumnos, a excepción do campus Náutico en xornada de tarde, que terá un horario especial.
As novidades do Campus Multideporte de Baiona
Para esta edición destaca a inclusión do campus de baloncesto e tenis destinado a nenos a partir de 7 anos e maiores con dificultades motrices e psíquicas para que se poidan ir incorporando. Ademáis, tamén existe un campus específico de Multideporte adaptado como proba piloto do interese que tén o Concello de Baiona por ofrecer deporte para todos.