Xogos e contacontos mariñeiros para os cativos de Nigrán


Publicidad

O Concello de Nigrán e Confraría de Pescadores ‘A Anunciada’, coa financiación do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), organizan esta fin de semana unha ludoteca mariñeira para nenos e nenas de 4 a 14 anos.

A actividade, supervisada por monitores, terá lugar o sábado e domingo, de 11:00 a 14:30 horas, no Auditorio Municipal e na Praza do Concello e contará con xogos, animación en directo, obradoiros medioambientais e reciclaxe con refugallos. Ademais, o domingo, ás 13:00 horas, celebrarse  un contacontos, tamén de balde.

Esta programación infantil encádrase en “Nigrán, mar de sabores”, un evento que fusiona tradición mariñeira con gastronomía e ocio e que se extende máis alá das dúas xornadas lúdicas e culturais de setembro.

Salir de la versión móvil