Xogos sensoriais e “Fíos do querer”, a oferta de Nigrán para un venres de meniños

Publicidad

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación do Mes do Libro, dedica a tarde do venres, 26 de abril, aos 'nenos e nenas de colo' cun espazo de xogo sensorial dende ás 16:30 no Auditorio Municipal e, a continuación, as 18:00 horas, o espectáculo de cancións infantís 'Fíos do Querer', de Cé Orquestra Pantasma. En caso de que non ameazase choiva se celebraría todo na Praza do Concello.

https://www.youtube.com/watch?v=Bo6KfPgItpw

Acompañados dos seus pais, os nenos de 0 a 5 anos poderán gozar de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, abrazos, facer palmiñas, o cabaliño... 'Fíos do Querer' trátase dun espectáculo no que César Freiría, coñecido como Cé Orquestra Pantasma, ofrece a súa música para xogar, cantar e bailar e tamén para realizar unha exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais. "Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando 'Fíos do Querer', resultando envoltorio agarimoso para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo", resume.

Paralelamente, dende as 16:30 horas, estará instalado no Auditorio un espazo de xogo libre con material natural non estruturados destinado a estimular a creatividade dos nenos: telas, follas, terra, pedras, cunchas, canas, carozos, madeiras, rafia... Decenas de materiais sen un fin concreto que permiten o desenvolvemento do xogo simbólico. O material non estruturado é aquel que non foi especialmente pensado para educar ou xogar, pero que con todo ofrece grandes posibilidades para que o neno investigue por si mesmo, desde o seu propio interese e curiosidade naturais.

O punto e final a toda a programación do 'Mes do Libro' será o sábado 28 co contacontos musical de 'Matrácala' a mediodía no Auditorio Municipal e pola tarde co obradoiro ‘pintando a música’ baseado no imaxinario de Hervé Tullet e dirixido a familias e nenos a partir de 5 anos.

Salir de la versión móvil