A Xunta cualifica de “éxito” o programa de visitas guiadas “Coñece Vigo”

Publicidad

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, celebra o éxito do programa “Coñece Vigo”, o calendario de visitas guiadas con oito rutas na cidade -hai unha novena que ten lugar en Redondela- que afondan na historia, a cultura, a economía e o patrimonio cultural da cidade. Segundo afirmou a exalcaldesa, a aceptación da iniciativa foi tan importante por parte dos vigueses que en tan só dez días recibíronse 5.000 solicitudes e moitos dos itinerarios xa están completos. Ata o de agora, unhas 500 persoas xa participaron no programa.

En canto ás rutas que están xerando maior expectación, a representante autonómica citou a do Teu Porto e Os Nomes de Vigo, ambas moi demandadas polos centros educativos e as asociacións da cidade. Con respecto ás rutas do Vigo Castrexo e Vigo Romano, anunciou que se reformularon mantendo a súa filosofía de orixe tras decidir o Concello de Vigo anular as reservas que dende a delegación da Xunta en Vigo sinalan que “estaban feitas en tempo e forma”, e incorporando o Museo do Mar de Galicia.

A programación inclúe en Vigo oito rutas, guiadas e de balde, pensadas para os vigueses, aínda que están abertas a toda a sociedade, especialmente ás asociacións, colectivos sociais e centros educativos. Xiran arredor das orixes de Vigo, os homes e mulleres que fixeron onte o Vigo que é hoxe e os espazos a través dos que entender a identidade viguesa, entre outras.

Salir de la versión móvil